Entradas

AS NOSAS MAQUETAS DO CORPO HUMANO

Este trimestre, como proxecto conxunto entre Ciencias Naturais e Arts and Crafts realizamos unhas marabillosas maquetas do corpo humano. Houbo moito traballo, dedicación e creatividad. Agardamos que vos gusten!

AS NOSAS EMPRESAS

Imagen
 Para complementar o tema de Ciencias Sociais sobre os sectores de produción realizamos uns traballos en equipo nos que tiñamos que deseñar as nosas propias empresas. Os traballos debían cumprir unha serie de requisitos e engadir información relativa a gastos fixos e variables, número de empregados e soldo que cobraban segundo a súa posición na empresa, tipo de sector de produción ao que pertencía, tipo de produto que vendía... Para presentar o traballo podíase escoller entre presentación dixital ou presentación en papel. Aquí tedes algunhas imaxes sobre os traballos finais.  A presentación na clase para o resto de compañeiros/as tamén foi unha experiencia. Temos moitos aspectos que mellorar e practicar, pero o primeiro paso xa está dado.  Agardamos que vos gusten!